jueves, 7 de mayo de 2015

¿Qué significa ser un ciudadano culto y autónomo en la sociedad digital?"

Vivir nunha sociedade dixital como a nosa supón asumir novas demandas, novas competencias e nova formación pois implica o uso duns recursos tecnolóxicos que hai só uns anos non existían.
A chegada dos computadores e da Internet supuxo un cambio enorme na nosa forma de vivir, de relacionarnos coas institucións e no ámbito privado, en moitos aspectos da nosa vida.
Conlevou así mesmo novos perigos que debemos coñecer e aprender a protexernos fronte a eles.
Un cidadán culto e autónomo sería pois aquel que sabe manexar os novos recursos á súa disposición de xeito eficaz e efectivo para satisfacer as súas inquedanzas e necesidades, observando as precaucións necesarias para a súa autoprotección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario